14 de noviembre de 2008

SAN MARTIN DE TOURS PATRONO DE OURENSE


San Martin de Tours naceu en Hungria no ano 316, aínda que toda a súa educación a recibiu en Italia. Xa desde moi novo sentiuse atraído polo tema relixioso, pero aos 15 anos viuse obrigado a entrar no exército, servindo na cabalería da garda imperial romana. É neste período cando surde unha das historias maís coñecidas. A tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí Martín encontrou a un pobre que estaba espido e que lle implora caridade; non tendo moedas para darlle, Martín sacou a espada e cortou polo medio a capa que levaba dándolle a metade a aquel home. Foi obxecto de burlas por parte dos seus compañeiros, pero a acción caritativa foi recompensada xa que a lenda conta que esa noite viu a Xesucristo vestido co anaco de tea que lle dera ao mendigo.


IVÁN CARIDE SANXOÁN

13 de noviembre de 2008

VOCABULARIO DE GALEGO


Lavandeira: nome dun grupo de paxaros pequenos da familia motacílidos. Persoa que se dedica a lavar roupa.

Mixto: que comprende individuos dos dous sexos.

Boroa: pan de fariña de millo.

Veado: cervo.

Pendurar: colgar.


Irene Iglesias Carballo

12 de noviembre de 2008

A FESTA DO MAGOSTO

Esta festa do Magosto celébrase en Ourense o 11 de novembro. No colexio celebrámolo o día 7 pola tarde con xogos e vimos a fogata que botaba lume para asar as castañas. Na casa coa familia celebreino na hora de xantar con costelas de porco, chourizos e castañas e paseino moi ben.

No colexio xogamos a distintos xogos: o xogo da cadea, o dos aros, o da corda e o da culler. Foron uns xogos moi divertidos e pasámolo moi ben.


Ricardo Gómez Rodríguez

7 de noviembre de 2008

¡A PASALO BEN!

Cet après-midi il n’y aura pas de classes parce que nous célébrerons, s’il ne pleut pas, le Magosto

AMUSEZ-VOUS

Os máis pequenos do cole decoraron o colexio deste xeito tan orixinal para celebrar o San Martiño.


A profe

5 de noviembre de 2008

O SAMAÍN

O Samaín, festividade de orixe celta, estase recobrando nalgunhas cidades ou pobos. Volve cunha tradición que hai tres mil anos creouse nalgúns pobos de Europa. O día 31 de outubro os celtas, como era o seu aninovo, crían que o mundo dos vivos e dos mortos estaban conectados e por isto os celtas dábanlle ofrendas. Aínda así tamén tiñan medo deles e adornaban as casas con cabazas e outros obxectos que espantaban aos espiritus que podían poseelos, así pois preparaban comida para os mortos e incluso ás veces comían nos cemiterios.


Iván

2 de noviembre de 2008

SAMAÍN


Esta é unha festa de orixen celta. No samaín, os celtas crían que era o día no que o mundo dos vivos e dos mortos estaba conectado e a xente ía comer nos cementerios. Cando os romanos conquistaron Europa comezouse a perder o costume de facer a festa, pero agora estase recuperando. A xente disfrázase de monstruos, momias, vampiros (vamos, cousas que den medo) e van asustando á xente para que lles den lambetadas. A xente decora os sitios e as casas con cabazas e telarañas, rañas e morcegos de xoguete... En Estados Unidos ten moita tradición e chámanlle HALLOWEEN.


Jorge