Laranxa
Utilizada
Con
Inactividade
Alimenticia
No
Organo
15 de abril de 2010
10 de abril de 2010
As pantasmas medoñentas
Había unha vez unhas pantasmas que vivían no planeta Bort.Cada día parecian máis e máis velliñas porque cada vez que ían a asustar a alguén volvían tristes e encollidos.
Un día a unha pantasma ocorréuselle unha boa idea, ir ao planeta máis alonxado de alí,un planeta antigo, onde aínda non se inventara nin a telavisión. Cando chegaron, buscaron covas e todo iso e esperaron ata media noite para saír e asustar ás persoas, pero.......
¡cando saíron atopáronse cuns vampiros!
Despois dese suceso, non volveron saír pola noite.
Sara Failde
Un día a unha pantasma ocorréuselle unha boa idea, ir ao planeta máis alonxado de alí,un planeta antigo, onde aínda non se inventara nin a telavisión. Cando chegaron, buscaron covas e todo iso e esperaron ata media noite para saír e asustar ás persoas, pero.......
¡cando saíron atopáronse cuns vampiros!
Despois dese suceso, non volveron saír pola noite.
Sara Failde
9 de abril de 2010
As pantasmas de Bort.

Nun planeta chamado Bort había unhas pantasmas que tiveron que marchar a outro planeta. Eles elixeron o planeta Terra.
As pantasmas estaban alegres e divertidas:
-Huuu ! - dicía unha pantasma a un terrícola- Eu son unha pantasma.
-Eu non creo en pantasmas !- respondeu el.
A pantasma tocoulle a cabeza coa man ao humano e iste correu aterrorizado. Máis tarde, o humano foi correndo á comisaría:
- Si, policía, vin unha pantasma, tocoume a cabeza e todo !
- Sabe, señor, cada día veñen máis persoas coma vós, todos os que chegan, dicen que unha pantasma tocoulles a cabeza, pero iso debe ser a tolería pola bebida ; así que, veña, vaiase para a súa casa.
- Pero, pero...
- Non máis escusas. Marche agora mesmo !
Cada vez, viñan e viñan máis xente á comisaría ; e sempre coa mesma escusa, que unha pantasma tocáralle a cabeza. Todos os policías estaban moi inquedos e un día, un policía falou pola televisión e dixo:
- Señores, señoras, teño un plan para desfacernos das pantasmas. Se vos tocan a cabeza, ignorádeos e así fuxiran do noso planeta.
E iso fixeron todos. Ao final, as pantasmas tiveron que fuxir do planeta Terra e foron para o planeta Urano. Alí, pasou algo semellante...
Pablo Valencia Equy.
8 de abril de 2010
A Policía Local
A visita foi extraordinariamente extraordinaria. O policía foi moi amable con nós porque deixounos montar nos coches, ensinounos os sectores e que pasaba en cada sector. O que máis me gustou da visita foi a galeria de tiro porque nela podes practicar a túa puntería e saber se tí eres un bo tirador ou non, pero o malo da galería de tiro é o seu olor, pois cheira fatal, pero, aparte de iso, encantoume a galería de tiro. Outra cousa que me gustou foron os trofeos, as fotos e as espadas que estaban no salón de actos exactamente, nunhas estanterías. Resumindo, aprendín moitas cousas e paseino moi ben.
Moh´d Ghanayem Rashid
Moh´d Ghanayem Rashid