San Martin de Tours naceu en Hungria no ano 316, aínda que toda a súa educación a recibiu en Italia. Xa desde moi novo sentiuse atraído polo tema relixioso, pero aos 15 anos viuse obrigado a entrar no exército, servindo na cabalería da garda imperial romana. É neste período cando surde unha das historias maís coñecidas. A tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí Martín encontrou a un pobre que estaba espido e que lle implora caridade; non tendo moedas para darlle, Martín sacou a espada e cortou polo medio a capa que levaba dándolle a metade a aquel home. Foi obxecto de burlas por parte dos seus compañeiros, pero a acción caritativa foi recompensada xa que a lenda conta que esa noite viu a Xesucristo vestido co anaco de tea que lle dera ao mendigo.
IVÁN CARIDE SANXOÁN
3 comentarios:
Gústame moito o traballo que fixo o meu amigo Iván sobre(SAN MARTÍN DE TOURS PATRONO DE OURENSE)
eu creo que traballou moito ademais en relixión como fixemos un examen e unha pregunta era(contade o que saibades de San Martín de Tours) e a profesora de relixión díxolle que lle quedará moi ben.
Gústame moito o blog está quesando moi chulo.
Biquiññosss
Di que si Lucía, di que si. O blog está quedando xenial.
Encántame escribir comentarios é xenial.
****Sara****
Hola somos Mikel y Alfredo nosgusta mucho el futbol ,el baloncesto ,temos moitos amigos como Erin Luciano porcerto luciano e moi vo xogador de futbol adios .
Publicar un comentario