9 de abril de 2010

As pantasmas de Bort.


Nun planeta chamado Bort había unhas pantasmas que tiveron que marchar a outro planeta. Eles elixeron o planeta Terra.

As pantasmas estaban alegres e divertidas:
-Huuu ! - dicía unha pantasma a un terrícola- Eu son unha pantasma.
-Eu non creo en pantasmas !- respondeu el.

A pantasma tocoulle a cabeza coa man ao humano e iste correu aterrorizado. Máis tarde, o humano foi correndo á comisaría:
- Si, policía, vin unha pantasma, tocoume a cabeza e todo !
- Sabe, señor, cada día veñen máis persoas coma vós, todos os que chegan, dicen que unha pantasma tocoulles a cabeza, pero iso debe ser a tolería pola bebida ; así que, veña, vaiase para a súa casa.
- Pero, pero...
- Non máis escusas. Marche agora mesmo !

Cada vez, viñan e viñan máis xente á comisaría ; e sempre coa mesma escusa, que unha pantasma tocáralle a cabeza. Todos os policías estaban moi inquedos e un día, un policía falou pola televisión e dixo:
- Señores, señoras, teño un plan para desfacernos das pantasmas. Se vos tocan a cabeza, ignorádeos e así fuxiran do noso planeta.

E iso fixeron todos. Ao final, as pantasmas tiveron que fuxir do planeta Terra e foron para o planeta Urano. Alí, pasou algo semellante...




Pablo Valencia Equy.

1 comentario:

Publicar un comentario