10 de abril de 2010

As pantasmas medoñentas

Había unha vez unhas pantasmas que vivían no planeta Bort.Cada día parecian máis e máis velliñas porque cada vez que ían a asustar a alguén volvían tristes e encollidos.


Un día a unha pantasma ocorréuselle unha boa idea, ir ao planeta máis alonxado de alí,un planeta antigo, onde aínda non se inventara nin a telavisión. Cando chegaron, buscaron covas e todo iso e esperaron ata media noite para saír e asustar ás persoas, pero.......
¡cando saíron atopáronse cuns vampiros!
Despois dese suceso, non volveron saír pola noite.


Sara Failde

1 comentario:

Publicar un comentario