15 de abril de 2010

As pantasmas de Bort

Había unha vez nun lonxano planeta chamado Bort unhas pantasmas ás que lles gustaba asustar ós bortianos. Pero co paso do tempo, os bortianos acostumáronse os trucos das pantasmas e xa non lle tiñan medo.
Un día, cando se cansaron do planeta Bort, quixeron ir a Terra porque a pantasma máis vella dixo que nese planeta os nenos se asustaban so con oír a palabra pantasmas. Pasou o increible, viron chegar ao carteiro pantasmal con dezasete cartas da Terra. Eran duns nenos de España (Ourense) exactamente do colexio Curros Enríquez, de quinto curso.
As cartas dicían que os terrestres non lle tiñan medo ás pantasmas, que se viñan lle ían . . . , pero o que máis lle interesou foi que un neno escribira dicindo que foran a Asustalandia. Bucaron no mapa onde estaba aquel planeta.
-Encontreino, dixo unha pantasma.
- Onde está?
-Aquí, aquí no noroeste.
-Ah, aí.
-Pois vaiamos despois de mañá.
Iso fixeron. Despois de dous días, foron a Asustalandia.
Cando chegaron a Asustalandia, alí había ogros, monstros...
Pasárono bomba e que daronse a vivir alí.




Moh´d Ghanayem Rashid


1 comentario:

pedro r. dijo...

moi ben Moh`d

Publicar un comentario