
As olas son os rizos do mar.
O temporal e o enfado da Terra.
Erín
A estrela fugaz é un astro que vai sen parar.
Luciano
Alguén manitas é alguén que ten as mans moi pequenas.
Alguén bilingue é alguén que ten duas linguas.
Iván
Unha abella é a letra a cando é moi vella.
Un problema é un pobo que ten un lema.
O Magosto é un mago que bebe mosto.
Jorge
A bufanda é para os que bufan de frío.
O café con leite é unha bebida mulata.
Kelly
A nota dó é a queixa do piano.
Os exames son os inimigos dos pasotas.
O espazo é a habitación máis grande.
Laura
Un papa-ventos é un obxecto que come o vento.
As nubes son os debuxos que adornan o ceo.
Deina
Os planetas son os accesorios do Sol
Lucía
O ''T'' é o poste da luz dunha cidade.
Irene
O ''q'' é o ''p'' que volve de paseo.
Andreaa